Actividades para subir a nota

lisa-la-mas-inteligente5b55d

Como xa se achega o final de curso e sei que algúns de vós queredes mellorar as vosas notas, propóñovos unha serie de actividades para que as poidades subir. Ollo! Non se trta só de facelas, senón de facelas BEN.

Tedes ata o día 13 para entregar todo o material que queirades, pero non esperedes ata o último momento se podedes ir entregando cousas antes.

Como xa falei con cada un o que lle pode interesar mellorar, déixovos unha listaxe do traballo voluntario para cada asignatura e algúns consellos:

 

CIENCIAS DA NATUREZA

Traballo de 4 cariñas (2 se é a ordenador) sobre un tema relacionado con calquera dos contidos da materia. Por exemplo, podedes facer un traballo sobre o corpo humano, sobre os animais, sobre os alimentos… Non se trata de copiar do libro nin de Internet, xa o sabedes!

CIENCIAS SOCIAIS

Pequena investigación de 4 cariñas (2 se é a ordenador)  sobre un tema relacionado con calquera dos contidos da materia. Por exemplo, `podedes investigar sobre outro país, sobre a nosa historia, entrevistar a unha testemuña dun feito histórico… De novo, lembrade que non se trata de copiar.

MATEMÁTICAS

Nos próximos días imos facer un exame que terá dúas partes:

-parte 1: obligatoria. Temas 10 e 11

-parte 2: voluntaria para mellorar a nota. Tema 8

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

Texto de 4 cariñas (2 se é a ordenador) sobre calquera tema. Pode ser a explicación dunha vivencia persoal, unha carta, un texto argumentativo, un conto… Moitísimo coidado coas faltas de ortografía e a redacción! Ten que ser un texto claro. Tamén se deberán analizar unhas oracións.

LINGUA GALEGA E LITERATURA

Texto de 4 cariñas (2 se é a ordenador) sobre calquera tema. Pode ser a explicación dunha vivencia persoal, unha carta, un texto argumentativo, un conto… Insisto: moitísimo coidado coas faltas de ortografía e a redacción! Ten que ser un texto claro.Tamén se deberá entregar a seguinte ficha correctamente respondida.

EDUCACIÓN PLÁSTICA

Calquera producción plástica: debuxo (realista, surrealista, xeométrico, cómic…), escultura (de arxila, plastilina…), collage, anuncio…

VALORES SOCIAIS E CÍVICOS

Texto dunha cariña e media expresando a túa opinión sobre un tema de actualidade e dando argumentos lóxicos a favor desa postura.

Anuncios

Deja tu comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s