Casares e as pequenas grandes cousas

Estes días publicouse a noticia de que o Día das Letras Galegas do ano que vén váiselle adicar a Carlos Casares. Non podo estar máis contenta.

E por que estou tan contenta? Posiblemente vós (que sodes moi novos) non o coñeceredes, pero foi un dos  mellores columnistas galegos de toda a historia. Cando eu tiña uns quince anos descubrín a súa columna na contraportada de La Voz de Galicia. Era do pouco que lía dos xornais que chegaban a casa. Para min Casares era case coma da familia, encantábanme as súas pequenas grandes cousas: revivir con el as lembranzas de cando era un neno, saber como lle ía ao seu gato Samuel, enterarme das viaxes que facía… Sempre tiña algo que contar, sempre algo interesante incluso para unha rapaza nova coma min. O mellor de todo eran os contos de cando era pequeno, recoméndovos que non volos perdades…

E precisamente para que non volos perdades (de verdade que paga a pena lelos), déixovos unha recomendación lectora para o verán: La Voz de Galicia recupera os artigos de Carlos nun blog, engadindo un cada día. Son divertidos e fáciles de ler, espero que vos gusten. Sei que, se o coñecedes, Carlos vai quedar para sempre na vosa memoria.

 

casares
Carlos Casares
Anuncios

Deja tu comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s