Hoxe, merenda saudable

20160504_095634

Ola, somos os alumnos de 6º do colexio C.E.I.P Castrillón Coiro e estamos a facer unha actividade que consiste en que, todos os mércores, os nen@s que queiran poden traer unha merenda saudable e falar sobre ela.

Para a merenda saudable podemos traer froita ou outros alimentos que sexan san. Nós sempre quedamos 10 minutos para  merendar xuntos e falar.

Os alimentos que poderíamos traer serían, por exemplo:

  • Plátano
  • Castañas crúas
  • Nésperas
  • Moras , arándanos ou amorodos
  • Bocata de pan de pipas
  • Piñóns
  • Fresas
  • Hamburguesa vexetal
  • Laranxa ou madarina
  • Cereixas
  • Compota de mazá
  • Mango
  • Marmelo
  • Sandía
  • Pomelo
  • Melón
  • Kiwi
  • Zume de frutas
  •  Xeado de limón
  • Noces e avelás
  • Xeado de plátano

Resumindo, as merendas saudables serven para manter unha dieta equilibrada  e estar un ratiño cos compañeiros charlando.Como os nenos comemos tanta porcallada no dia de hoxe, estas merendas axúdarannos a reducilas. Esperamos que algún día todos probemos unha merenda sana.

 

Anuncios